Friday 03 de May de 2024

A Asociación da Prensa concentra por datas a historia dunha cidade en continua transformación


 

A alcaldesa Inés Rey agradeceu o traballo do colectivo en colaboración coa Compañía de Tranvías e animou aos coruñeses a mercar esta peza de coleccionismo

A alcaldesa Inés Rey acudiu onte á presentación dunha nova edición do Calendario Histórico de A Coruña, na libraría Arenas. A novidade contén máis de 600 fitos históricos que tiveron lugar na cidade e que ordenados por días. Están acompañados de trece fotografías antigas procedentes da colección Bartolomé-Chavert, seleccionadas pola Asociación da Prensa coruñesa, en colaboración coa Compañía de Tranvías.

A rexedora destacou a magnífica exposición dos acontecementos e comprobou que o 15 de xuño está xa gravado para a historia como o día da investidura da primeira alcaldesa democrática: “É unha xoia, e poder ver a cidade e como a transformamos en 114 anos” porque aínda que sexan períodos historicamente pequenos, explicou, as modificacións nótanse non só en matería urbanística, tamén no transporte: “Como antes me comentaban, a liña que aparece de bus non ten número porque nada máis que había unha”. Rey animou a mercar esta peza de coleccionismo para que nas futuras entregas apareza a cidade actual con “fotos da fachada marítima, da Cidade das Tic e o que nos queda por fotografar, sen retoques para que os nosos descendentes poidan ver o que pasou”, apuntou.